Buscar

Planifica connosco unha voda de ensoño

organizaremos un día único
        Sabemos por experiencia que nun día tan importante cada detalle conta, sexan cales sexan os vosos desexos, as vosas preferencias ou as vosas ideas temos sensibilidade para captalas e plasmalas, e técnica e medios para levalas a cabo.

  Empatizamos facendo nosas as vosas ilusións e asesorarémosvos para esbozar xuntos  a decoración do que será un día inesquecible e marabilloso.

       Escolleremos entre tódolos estilos (rústico, rustic-chic, elegante, clásico, sinxelo, barroco, naturalista, romántico, shabby chic, ...)  o que mellor reflecte o voso sentir e o que pretendedes transmitir a xente coa que compartiredes esa formidábel experiencia.  

        Xuntos decidiremos as flores adecuadas, a combinación cromática precisa e incluso o arrecendo que queredes que predomine .

          A cerimonia (civil ou relixiosa), o ramo da noiva, os prendidos de lapela, diademas ou coroas, pulseiras, o espazo do banquete e as mesas, o seating plan, photocall, o coche ... todo ten que provocar emoción, sorpresa e todo ten que ser un reflexo da vosa ledicia

               É o voso dia¡¡¡ 

                                               
                                                                Benito