Buscar


Un anaco da nosa historia ...

           Fai mais de 25 anos que unha ilusión converteuse nunha idea e desa idea agromou un proxecto no que comenzamos a camiñar paseniño pero con firmeza e, sobre todo, con moitas ganas. Queríamos que a as flores formaran parte da nosa vida, que foran o noso medio de vida, e a millor maneira de facelo era estar preparados.  

             Estudamos a técnica nas mellores escolas de Arte floral e con mestres internacionais,  especializámonos con cursos de temática monográfica (ramos de noiva, grandes espazos, nadal, secos, ....) e con obradoiros complementarios de cestería, pintura, deseño, escaparatismo, fotografía, etc. para que os nosos clientes disfrutaran de composicións innovadoras e exclusivas  con técnicas de vangarda.

               Todo eso dou como resultado un curriculum no que destacan varios premios a nivel nacional, colaboración en revistas especializadas do sector, impartición de talleres, cursos e demostracións para profesionais e afeccionados e contar cunha carteira de clientes na que hai dende institucións oficiais, grandes hoteis, restaurantes e adegas até unha gran cantidade de persoas (a maioría xa amigos) que levan confiando en nós dende o  comezo.                       
                        




é ...

 .... arte 


          Non é só técnica,  tamén é emoción e sentimento; tamén é declarar gratitude, amor, amizade, dor ou lembraza, é conseguir que a creación transmita, que nos faga sentir ledos .... é converter en arte a natureza 

 .... innovación


      Proxectamos cada unha das composicións florais seguindo as tendencias mais innovadoras na mestura de formas, texturas e cores, ideámolas para aproveitar ao máximo a beleza das flores

.... deseño


    Imaxinamos e bosquexamos os nosos traballos para que te gusten, estudamos e pensamos nas tuas preferencias para chegar a crear composicións, eventos e cirimonias exclusivos.

.... servizo

           A dedicación ao cliente é a nosa máxima. Estamos para axudarte, informarte e asesorarte no que precises. 

.... calidade


          Cada un dos nosos traballos está feito da millor materia prima, con flores  e verdes de tempada recén cortados para aproveitar ao máximo as suas características.   Damos preferencia a productores locais, pero temos proveedores de todo o mundo de non haber dispoñibilidade preto de nos.

.... profesionalidade


          Nos noso obradoiro elaboramos cada encomenda atendendo ao mínimo detalle, sabemos que as pequenas cousas convirten algo bó en algo excelente e extraordinario.